sobre nós
Cooperativa o Rodo
O Rodo S.Coop Galega é unha cooperativa agraria de primeiro grao con sede social no concello de Rodeiro. Dende o ano 1988 ata a actualidade, a cooperativa foi fundamental para o desenvolvemento do sector primario no Concello, principalmente da agricultura e da gandería.
Nestes case 40 anos, O Rodo segue mantendo o seu obxectivo principal: que os socios teñan os mellores insumos e servizos cos menores custos. Isto, para nos é o fundamental.
Na actualidade temos socios nos concellos de Rodeiro, Dozón, Lalín, Piñor, Antas de Ulla, Taboada e Chantada.
Compromiso cooperativo
Mellorando continuamente
Adaptación ao cambio
Cooperativa O Rodo
Os nosos Servizos
Calidade do leite, clínicos e de reprodución: Co obxectivo de maximizar a saúde do animal e a calidade do produto.
Servizo de substitución capacitado para realizar de forma eficiente o traballo que require unha explotación.
Gasolinera autoservicio para o autoconsumo, consumo de socios e público xeral.
Parque de maquinaria agrícola moderno e tecnolóxico, con conductores e maquinaria de aluguer