Sobre Nós

Noso Compromiso e Proxección cara ao Futuro

Sobre Nós

Image
A Cooperativa, de ámbito familiar e cercano, estivo impulsada por gandeiros que decidiron unir as súa forzas para chegar a un novo destino: afrontar a venta de leite en conxunto. O Rodo, naceu cunha vontade de colaboración e unión que lle dese voz e forza aos gandeiros de Rodeiro.

Durante estes casi 40 anos, O Rodo S. Coop. Galega, grazas ó traballo dos gandeiros e gandeiras de Rodeiro e arredores, medrou moito na venta de produtos e prestación de servizos de todo tipo, principalmente, no de substitucións nas explotacións, de calidade do leite, de reprodución e de maquinaria -este último con moita evolución nos últimos anos. Actualmente a cooperativa conta cunhas instalacións de 1000 m2 sitas no local social de Rodeiro e a escasos 500m unha parcela máis de 10.000m onde se atopan as instalacións da gasolinera e a nave para o taller e o garaxe da maquinaria agrícola. Ademais, tamén contamos cunha nave de 300 m2 en Carboentes.

Na actualidade, a cooperativa está centrada en continuar apoiando e profesionalizando o sector primario así como e atender os retos e desafíos que se presentan para os próximos anos como son a transformación dixital, ordenación sectorial e medioambiental e o relevo xeracional. - dado este texto resalta 3 o 4 puntos importantes
01

Unión e colaboración

O Rodo S. Coop. Galega foi impulsado por gandeiros que decidiron unir as súas forzas para afrontar a venta de leite en conxunto
02

Crecemento e evolución

Ao longo dos case 40 anos de existencia, a cooperativa medrou significativamente na venta de produtos e prestación de servizos
03

Infraestrutura e recursos

O Rodo S. Coop. Galega conta cunhas instalacións significativas, incluíndo un local social de 1000 m2 en Rodeiro
Image

40 +

Anos de experiencia

Historia da cooperativa o rodo

A nosa Historia

A Cooperativa O Rodo, nacida do espírito cooperativista dos gandeiros de Rodeiro nos anos 80, consolidouse como unha forza líder no sector agropecuario galego tras fusionarse con outras cooperativas e expandir as súas instalacións e servizos ao longo dos anos.

1980

A comezos dos anos 80, dentro do proceso de modernización das explotacións gandeiras que percorría toda Galicia, unha serie de gandeiros empezan a mobilizarse en Rodeiro. Os seus nomes: Pepe Vence Deza e Fernando Fernández Hermida; a súa meta: constituír unha asociación e afrontar a venta de leite en conxunto.

1984

En 1984, logo dunha longa rolda de conversas reúnense cos gandeiros produtores de leite da zona e, xuntos, crean a Asociación A Camba.

1988

O espírito cooperativista da Asociación A Camba será a semente da que, en outubro de 1988, xermine a Cooperativa O Rodo. Nada cunha vontade de colaboración e unión que lle dese voz e forza aos gandeiros de Rodeiro, a cooperativa experimenta nos seus primeiros anos de vida un forte crecemento, sendo a máis grande e rendible da zona.

2000

O traballo en equipo e a visión de futuro dos cooperativistas, consolidada na década dos 90, cristalizou no ano 2000 coa entrada de O Rodo na cooperativa de segundo grao Xuncoga.

2005

O 10 de Maio de 2005, O Rodo fusiónase coa sociedade cooperativa Carboar, formando así unha única cooperativa de bovino en Rodeiro: O Rodo Sociedade Cooperativa Galega.

2018

No ano 2018 constrúese unha estación de autoservizo así coma unha nave para gardar e reparar a nosa maquinaria agrícola
Contacta connosco