Enxeñaría
Persoal cualificado e asesoramiento técnico integral da explotación
Co obxectivo de maximizar a saúde do animal e a calidade do produto, o noso servizo veterinario vela pola inmellorable calidade do leite, tomando mostras de auga e de leite e realizando testaxes de muxidura. Ofrecemos servizos de reprodución de vacún (ecógrafo, detección da preñez e tratamento) e ademais contamos co Servizo Veterinario Clínico 24 horas (diagnóstico, inseminación, etc).
Abarcamos o servizo dende as diferentes perspectivas:
- Análise do terreo e recomendacións de cultivos, fertilizacións, elección da semente, traballos agrícolas, colleitas e ensilados…
- Na alimentación animal, o noso servizo de nutroloxía é integral, comeza dende o análise de ensilados e materias primas pasando polo de feces, permitindo de este xeito adaptar a ración dos animales as súas necesidades e benestar.
- Asesoramento para a innovación e conversión ou reorganización da cabana gandeira noutro tipo de explotacións: gandería ecolóxica, rexenerativa, economía de carbono…
- No eido económico, técnico e financieiro, estudando a viabilidade e impulsando o plan ou proxecto necesarios.
- Adaptación e asesoramento ás novas esixencias legais: CUE, REA, SIEX, SIGE, nutrición sostible dos suelos, reducción de antibióticos, bioseguridade e sanidade animal e formación especializada.